Friday 19 de April de 2024

A actuación de The Tetas’ Van trasládase á praza Alcalde Segundo Durán


O Concello da Pobra do Caramiñal informa que, debido á choiva, a actuación de The Tetas’ Van, prevista para este 17 de setembro, ás 21.00 horas, se traslada á praza Alcalde Segundo Durán onde se dispón de toldo.

Enmárcase na programación cultural do Nazareno para este 2021 posta en marcha pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

As prazas cubriranse por orde de chegada ata completa-la cabida e seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.